miércoles, 22 de abril de 2020

Día Mundial da Terra

       Cada 22 de abril celebramos en todo o mundo o Día da Terra coa vontade de lembrar á poboación a importancia do noso planeta como a casa común de todos os seres que a habitamos. Entre todos-as debemos atopar o equilibrio entre as necesidades económicas, as sociais e as ambientais. Un equilibrio que só se poderá alcanzar promovendo a harmonía do home coa natureza, en definitiva, coa Terra. 

#DiaMundialdaTerra
#DiaMundialdelaTierra



sábado, 11 de abril de 2020

Os Ecovixías

        Na extraescolar de Ecovixías levamos feitas un montón de actividades durante este curso, aquí mostramos algunhas delas:

  1. Recollida de follas, disfrutando das tardes de outono, coas que despois fixeron unha bonita manualidade inspirándose nas Meninas.























2. Outra actividade na que participaron os Ecovixías foi preparando comedeiros, con material reciclado,  para os paxaros que visitan o noso patio e mesmo colocando niños para eles.









       3. Cando non podemos saír a disfrutar da natureza, polo Paseo do río Xuvia, facemos diferentes  manualidades, como por exemplo, animais feitos con papel e cartón reciclado:









         4. Os Ecovixías elaboraron un xogo de memoria reutilizando tapóns de botellas



          5. Os Ecovixías "artellaron" tamén coa natureza, disfrutando das saídas polo Paseo do río Xuvia...


 


          6. Os Ecovixías "artellando" en Bibliourizo elaborando distintas figuras con papel...
















Artellando nos recreos

Aproveitamos moitos recreos para "artellar" con plásticos reciclados...

#senplastiFICAR
















Semana Mundial de Acción Climática


        Porque pensamos que temos que defender o futuro do noso planeta e porque a situación de emerxencia climática require dunha resposta firme, decidimos participar nas accións enmarcadas na "Semana Mundial de Acción Climática" para denunciar a situación de emerxencia climática na que nos atopamos. 















viernes, 10 de abril de 2020

Obradoiro de la

        Os nenos e nenas de 5º e 6º de EP e todo o  alumnado de Secundaria puideron participar nun obradoiro de la, un dos talleres de educación ambiental desenvolvido na Área Recreativa do Muíño de Pedroso (Narón).            
      No obradoiro, os rapaces-as comprobaron cos monitores como era o proceso de transformación da la: o lavado, cardado, fiado, tinguidura,etc… elaboraron un pequeno novelo e puideron comprobar o custoso do traballo artesanal do fiado da la. Este taller recrea un oficio tradicional da nosa cultura e sirve para poñer en valor a calidade dos productos artesanais. Nesta actividade explicáronlles todas as fases de obtención de la fiada, a partir da la das ovellas. 



Obxectivos:

· Descubrir e experimentar o oficio tradicional do fiado da la de ovella.

· Poñer en valor o noso patrimonio etnográfico material e inmaterial.

· Promover o desenvolvemento sostible e a utilización de produtos naturais e artesáns.

· Mellorar a autonomía persoal e as habilidades sociais do alumnado participante.

· Traballar a psicomotricidade fina e a creatividade.










































Itinerarios ambientais


Os alumnos e alumnas de Secundaria participaron nun obradoiro, na Área Natural do Muíño de Pedroso, que é o de “Itinerarios ambientais”, dentro do módulo de Educación Ambiental. Esta actividade, realizouse no exterior e nos arredores da Área Natural do Muíño de Pedroso, zona encadrada dentro da Rede Natura 2000, un espazo protexido dunha gran beleza natural e valor medioambiental.  
A ruta desenvolveuse xunto ao río Xuvia, onde puideron observar a vexetación de río e de ribeira. Coñeceron o valor e a función que realiza esta vexetación autóctona na estabilización e o mantemento das ribeiras, mantendo a zona libre da erosión e aportando materia orgánica ao solo e ao ecosistema.
Coñeceron as especies de flora e fauna máis representativas deste contorno natural, pero non só da zona da ribeira, senón tamén especies coma os carballos, castiñeiros e bidueiros que forman parte da vexetación de fraga atlántica doutras zonas que percorremos neste itinerario.  
Tamén puidemos ver algunhas plantas medicinais e comentamos os seus usos a medida que as íbamos atopando durante o itinerario.  

Obxectivos 

-.Coñecer as principais especies da flora e fauna autóctona da zona do Río Xuvia.
- .Coñecer os usos das plantas medicinais do contorno do Río Xuvia.
-.Valorar a biodiversidade e o valor medioambiental do noso contorno natural. 
-. Mellorar a autonomía persoal e as habilidades sociais dos alumnos-as participantes. 
-.Promover hábitos de vida saudable e mellorar o estado físico do grupo.
-.Explorar o hábitat da contorna intentando distinguir os camiños deixados polos animais salvaxes  e as súas pegadas. 
-.Diferenciar os distintos tipos de bosque: alto e baixo. 
-.Aprender a importancia das especies autóctonas sobre as foráneas.


































Obradoiro de papel reciclado


        O noso alumnado de Secundaria tivo a oportunidade de participar nunha serie de obradoiros  de educación ambiental que se desenvolveron na Área Recreativa do Muíño de Pedroso (Narón). O primeiro deles foi o de papel reciclado. 

        Os alumnos-as participaron en todos os pasos do proceso e ao rematar, puideron colocar, na pasta de papel, distintas sementes que uns días despois xa puideron plantar, nas súas casas, e crear as súas propias mini hortas.


Obxectivos que pretendemos acadar:
1.- Promover o desenvolvemento sostible.
2.- Aprender as 3R. 
3.- Dar a coñecer a importancia que implica a reciclaxe no medio ambiente.
4.- Mellorar a autonomía persoal e as habilidades sociais dos alumnos-as participantes. 
5.- Mellorar a psicomotricidade fina e a creatividade. 




























martes, 7 de abril de 2020

O camerino de Anna Pavlova

     O grupo de 1º EP, xunto coa súa titora, elaboraron un fantástico traballo recreando o camerino da bailarina Anna Pavlova (1882-1931). Esta bailarina rusa foi unha inspiración para toda unha xeración e extendeu o seu amor polo ballet por todo o mundo. 
     Este traballo está enmarcado dentro do proxecto de Voz Natura deste curso, "#senplastiFICAR", no que cada grupo estuda unha muller relevante no mundo das artes para despois realizar unha composición creativa, referente a dita artista, con plásticos reciclados. O grupo de 1º EP centrou a súa investigación en Anna Pavlova, primeiro estudando dita artista e despois, realizando unha recreación do seu camerino con plásticos reciclados (o tutú, os portalámpadas, as zapatillas de ballet...)

#senplastiFICAR


























Frida Kahlo


       Dentro do proxecto de Voz Natura, "#senplastiFICAR",e continuando coa investigación de distintas mulleres que destacaron no mundo das artes, a seguinte á que lle adicamos a investigación foi Frida kahlo, unha das pintoras máis importantes de México. Para esta artista, tanto o seu país como o feito de ser muller, foron elementos moi importantes na súa obra. Os alumnos e alumnas de 1º ESO foron os encargados de traballar sobre a súa figura e elaboraron estas fantásticas creacións.



10































































Camille Claudel

        Durante este curso, 2019/2020, na clase de 6º de E. I. traballaron a figura de Camille Claudel, unha escultora francesa, discípula...