A nosa
proposta, dentro do proxecto de Voz Natura "senplastiFICAR", é a de realizar un traballo común e interdisciplinar que consiste en que cada aula/curso investigue a unha muller que destaca no mundo das artes (sobre o seu país, a súa cultura, a súa obra...) Todo o aprendido sobre esa figura relevante, en calquera disciplina (literatura, pintura, música, danza...) aplícase na elaboración dunha creación artística realizada con plásticos reciclados. Na entrada do cole, cada mes, o alumnado presenta o país e a autora que corresponde, xunto cunhas breves notas sobre os mesmos e as súas creacións.
A primeira muller á que se lle dedica a investigación foi Maruja Mallo, pintora surrealista galega do século XX. Son os alumnos e alumnas da ESO os que estudan esta figura e os que recrean algunhas das súas obras con materiais plásticos reciclados.
Caricatura de Maruja Mallo e biografía |
Obras de
Maruja Mallo feitas con plásticos reciclados:
"Máscaras"
"Máscara tres-vinte"
"o racimo de uvas" |