lunes, 23 de marzo de 2020

Día Meteorolóxico Mundial

             No Día Meteorolóxico Mundial,  tiñamos pensado estrear  a nosa estación meteorolóxica, que conseguimos grazas a Voz Natura no noso proxecto #senplastiFICAR, pero como non é posible, aplazámolo uns días ata que poidamos voltar ao cole e colocala no patio onde montaremos un pequeno observatorio que seguro aproveitaremos moito...

  #euquedonacasa


                                    

jueves, 5 de marzo de 2020

Día Mundial da Eficiencia Enerxética

      O Día Mundial da Eficiencia Enerxética celébrase cada ano o 5 de marzo. É unha data na que se recorda a importancia que ten para o futuro utilizar de forma racional e responsable a enerxía co propósito de contaminar menos e aforrar máis. 
      Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria realizaron uns fantásticos traballos para os que buscaron información e investigaron sobre a sostibilidade.
















domingo, 1 de marzo de 2020

Grazas Voz Natura!


Queremos darlle as grazas ao programa Voz Natura polos nosos colectores para a recollida selectiva de papel e plástico. Comprometidos-as sempre co coidado do noso medio.

#senplastiFICAR









martes, 25 de febrero de 2020

Maruja Mallo


A nosa proposta, dentro do proxecto de Voz Natura "senplastiFICAR", é a de realizar un traballo común e interdisciplinar que consiste en que cada aula/curso investigue a unha muller que destaca no mundo das artes (sobre o seu país, a súa cultura, a súa obra...) Todo o aprendido sobre esa figura relevante, en calquera disciplina (literatura, pintura, música, danza...) aplícase na elaboración dunha creación artística realizada con plásticos reciclados. Na entrada do cole, cada mes, o alumnado presenta o país e a autora que corresponde, xunto cunhas breves notas sobre os mesmos e as súas creacións.
A primeira muller á que se lle dedica a investigación foi Maruja Mallo, pintora surrealista galega do século XX. Son os alumnos e alumnas da ESO os que estudan esta figura e os que recrean algunhas das súas obras con materiais plásticos reciclados.

Caricatura de Maruja Mallo e biografía



Entrada do centro

Obras de Maruja Mallo feitas con plásticos reciclados:


"Máscaras"

"Máscara tres-vinte"



"o racimo de uvas"








Proxecto Voz Natura:”#senplastiFICAR”


PROXECTO VOZ NATURA:”#senplastiFICAR”

Este curso participamos en Voz Natura cun proxecto centrado en actividades relacionadas coa eliminación dos plásticos chamado “#senplastiFICAR”.
 O punto de partida para o proxecto será a concepción do cole como un gran barco que navegará polos océanos buscando e limpando os plásticos que vai atopando ao seu paso, por iso, o noso centro está decorado cunha ambientación moi marítima:

























lunes, 3 de febrero de 2020

Teitos de cores

Teitos de cores con plásticos reciclados na entrada do cole. 



Voz Natura 19/20




      O noso centro participa, desde hai cinco anos, no programa Voz Natura, un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998.

      Aproveitando a proposta temática que Voz Natura fai para este curso 19/20, cun chamamento especial para a redución da produción e consumo de plásticos, participaremos cun proxecto chamado "#senplastiFICAR" centrado en actividades relacionadas coa eliminación dos plásticos  e a procura de alternativas máis sustentables e respectuosas co medio ambiente.



Día Meteorolóxico Mundial

             No Día Meteorolóxico Mundial,  tiñamos pensado estrear  a nosa estación meteorolóxica, que conseguimos grazas a Voz Natura no n...