viernes, 29 de mayo de 2020

YAYOI KUSAMA



      Este curso, os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria, traballaron e deron a coñecer ao resto da comunidade educativa a Yayoi Kusama, artista e escritora xaponesa precursora dos movementos da arte pop, o minimalismo e a arte feminista, que ao longo da súa carreira traballou cunha gran variedade de medios: pintura, collage, escultura, arte performance...

      Esta actividade está incluída no proxecto de Voz Natura deste curso, "#senplastiFICAR", no que cada grupo estuda unha muller relevante no mundo das artes para despois realizar unha creación, referente a dita artista, con plásticos reciclados.

      O alumnado buscou información de quen era, como era a súa obra e a a súa técnica, como era o seu país…

      Investigaron individualmente nas súas casas e foron aportando moitos datos que compartiron con todos os compañeiros e compañeiras e logo fixeron un recanto de Yayoi Kusama onde expuxeron toda a información.

      No nadal, seguindo a obra de Yayoi, decidiron facer unha árbore xigante que adornase o noso corredor, así que con círculos verdes de moi diferentes tamaños foron confeccionando a súa árbore.

      Polo día da paz tamén fixeron unha exposición onde expresaban o que era a paz e tamén a representaron seguindo a estética de Yayoi Kusama.

      Os alumnos e alumnas tiveron que reciclar os plásticos e traelos ao centro para realizar as súas manualidades.





      Nalgunhas clases de artística, foron ambientando a aula como se fose unha gran obra de Yayoi Kusama.


      Entre todos-as crearon os diferentes elementos da exposición da artista escollida. Pintaron unha mesa e unhas cadeiras para facer un recuncho na entrada do cole para que cada un puidese por un círculo de cor e nel unha mensaxe positiva sobre a nosa escola.





      Decoraron as letras do nome de Yayoi Kusama con puntiños de cores para expoñer todo o que aprenderon da súa artista.




      No Entroido disfrazáronse da súa artísta, así que fixeron estos disfraces tan chulos (sen utilizar plásticos)




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Camille Claudel

        Durante este curso, 2019/2020, na clase de 6º de E. I. traballaron a figura de Camille Claudel, unha escultora francesa, discípula...