Os alumnos e alumnas de EI e EP tiveron a oportunidade de participar nos obradoiros de "Equitación", "Apicultura" e "Animais" celebrados, no primeiro trimestre, no Parque de Aldea Nova, unha granxa escola que busca achegar os nenos-as ao mundo rural.
O obxectivo principal que se pretende acadar é poñer en valor a importancia do medio natural, así como o coidado e o respecto polo contorno.
Obxectivos a acadar nestes obradoiros:
O obxectivo principal que se pretende acadar é poñer en valor a importancia do medio natural, así como o coidado e o respecto polo contorno.
Obxectivos a acadar nestes obradoiros:
- Coñecer o medio físico, natural e social máis cercano, contribuíndo a súa conservación.
- Fomentar o consumo responsable en relación co medio natural.
- Identificar, comparar e clasificar as principais plantas e animais do contorno en función da súa alimentación, reprodución e morfoloxía.
- Promover actitudes de cooperación e de respecto.
- Favorecer novos hábitos de comportamento orientados a descurbrir e protexer o medio ambiente.
- Fomentar a aprendizaxe dunha maneira lúdica e divertida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario