O noso alumnado de Secundaria tivo a oportunidade de participar nunha serie de obradoiros de educación ambiental que se desenvolveron na Área Recreativa do Muíño de Pedroso (Narón). O primeiro deles foi o de papel reciclado.
Os alumnos-as participaron en todos os pasos do proceso e ao rematar, puideron colocar, na pasta de papel, distintas sementes que uns días despois xa puideron plantar, nas súas casas, e crear as súas propias mini hortas.
Obxectivos que pretendemos acadar:
1.- Promover o
desenvolvemento sostible.
2.- Aprender
as 3R.
3.- Dar a
coñecer a importancia que implica a reciclaxe no medio ambiente.
4.- Mellorar a
autonomía persoal e as habilidades sociais dos alumnos-as participantes.
5.- Mellorar a
psicomotricidade fina e a creatividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario