viernes, 10 de abril de 2020

Itinerarios ambientais


Os alumnos e alumnas de Secundaria participaron nun obradoiro, na Área Natural do Muíño de Pedroso, que é o de “Itinerarios ambientais”, dentro do módulo de Educación Ambiental. Esta actividade, realizouse no exterior e nos arredores da Área Natural do Muíño de Pedroso, zona encadrada dentro da Rede Natura 2000, un espazo protexido dunha gran beleza natural e valor medioambiental.  
A ruta desenvolveuse xunto ao río Xuvia, onde puideron observar a vexetación de río e de ribeira. Coñeceron o valor e a función que realiza esta vexetación autóctona na estabilización e o mantemento das ribeiras, mantendo a zona libre da erosión e aportando materia orgánica ao solo e ao ecosistema.
Coñeceron as especies de flora e fauna máis representativas deste contorno natural, pero non só da zona da ribeira, senón tamén especies coma os carballos, castiñeiros e bidueiros que forman parte da vexetación de fraga atlántica doutras zonas que percorremos neste itinerario.  
Tamén puidemos ver algunhas plantas medicinais e comentamos os seus usos a medida que as íbamos atopando durante o itinerario.  

Obxectivos 

-.Coñecer as principais especies da flora e fauna autóctona da zona do Río Xuvia.
- .Coñecer os usos das plantas medicinais do contorno do Río Xuvia.
-.Valorar a biodiversidade e o valor medioambiental do noso contorno natural. 
-. Mellorar a autonomía persoal e as habilidades sociais dos alumnos-as participantes. 
-.Promover hábitos de vida saudable e mellorar o estado físico do grupo.
-.Explorar o hábitat da contorna intentando distinguir os camiños deixados polos animais salvaxes  e as súas pegadas. 
-.Diferenciar os distintos tipos de bosque: alto e baixo. 
-.Aprender a importancia das especies autóctonas sobre as foráneas.


































No hay comentarios:

Publicar un comentario

Camille Claudel

        Durante este curso, 2019/2020, na clase de 6º de E. I. traballaron a figura de Camille Claudel, unha escultora francesa, discípula...