Os nenos e nenas de 5º e 6º de EP e todo o alumnado de Secundaria puideron participar nun obradoiro de la, un dos talleres de educación ambiental desenvolvido na Área Recreativa do Muíño de Pedroso (Narón).
No obradoiro, os rapaces-as comprobaron cos monitores como era o proceso de transformación da la: o lavado, cardado, fiado, tinguidura,etc… elaboraron un pequeno novelo e puideron comprobar o custoso do traballo artesanal do fiado da la. Este taller recrea un oficio tradicional da nosa cultura e sirve para poñer en valor a calidade dos productos artesanais. Nesta actividade explicáronlles todas as fases de obtención de la fiada, a partir da la das ovellas.
Obxectivos:
· Descubrir e
experimentar o oficio tradicional do fiado da la de ovella.
· Poñer en
valor o noso patrimonio etnográfico material e inmaterial.
· Promover o
desenvolvemento sostible e a utilización de produtos naturais e artesáns.
· Mellorar a
autonomía persoal e as habilidades sociais do alumnado participante.
·
Traballar a psicomotricidade fina e a
creatividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario