O grupo de 1º EP, xunto coa súa titora, elaboraron un fantástico traballo recreando o camerino da bailarina Anna Pavlova (1882-1931). Esta bailarina rusa foi unha inspiración para toda unha xeración e extendeu o seu amor polo ballet por todo o mundo.
Este traballo está enmarcado dentro do proxecto de Voz Natura deste curso, "#senplastiFICAR", no que cada grupo estuda unha muller relevante no mundo das artes para despois realizar unha composición creativa, referente a dita artista, con plásticos reciclados. O grupo de 1º EP centrou a súa investigación en Anna Pavlova, primeiro estudando dita artista e despois, realizando unha recreación do seu camerino con plásticos reciclados (o tutú, os portalámpadas, as zapatillas de ballet...)
#senplastiFICAR
#senplastiFICAR
No hay comentarios:
Publicar un comentario