miércoles, 24 de junio de 2020

Camille Claudel


        Durante este curso, 2019/2020, na clase de 6º de E. I. traballaron a figura de Camille Claudel, unha escultora francesa, discípula de Rodin, que destacaba pola gran sensibilidade das súas obras. 
Os nenos e nenas elaboraron un mural sobre a artista, cos aspectos máis relevantes da vida e obras de Camille Claudel. Tamén fixeron unhas esculturas con materiais de refugallo que trouxeron os alumnos-as ao colexio. 

Escultura 1 “Pesa Fantasma”.
Construíron unha escultura con tapóns e barro e escolleron o nome de “Pesa Fantasma”.
Escultura 2: “La Ola”.
A escultura está composta por diferentes envases de iogur, de champú e de manteiga. Trataron de imitar a obra de Camille Claudel, titulada: “La Ola”.

    Esta actividade está incluída no proxecto "#senplastiFICAR", de Voz Natura deste curso 19/20, no que cada grupo estuda unha muller relevante no mundo das artes para despois realizar unha creación, referente a dita artista, con plásticos reciclados.









viernes, 5 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente


No "Día Mundial do Medio Ambiente" queremos mostrar unhas actividades que o alumnado de Educación Infantil levou a cabo durante este curso para aprender o que era a reciclaxe e a importancia que ten tirar o lixo nos contedores axeitados. 















































      

  

viernes, 29 de mayo de 2020

YAYOI KUSAMA



      Este curso, os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria, traballaron e deron a coñecer ao resto da comunidade educativa a Yayoi Kusama, artista e escritora xaponesa precursora dos movementos da arte pop, o minimalismo e a arte feminista, que ao longo da súa carreira traballou cunha gran variedade de medios: pintura, collage, escultura, arte performance...

      Esta actividade está incluída no proxecto de Voz Natura deste curso, "#senplastiFICAR", no que cada grupo estuda unha muller relevante no mundo das artes para despois realizar unha creación, referente a dita artista, con plásticos reciclados.

      O alumnado buscou información de quen era, como era a súa obra e a a súa técnica, como era o seu país…

      Investigaron individualmente nas súas casas e foron aportando moitos datos que compartiron con todos os compañeiros e compañeiras e logo fixeron un recanto de Yayoi Kusama onde expuxeron toda a información.

      No nadal, seguindo a obra de Yayoi, decidiron facer unha árbore xigante que adornase o noso corredor, así que con círculos verdes de moi diferentes tamaños foron confeccionando a súa árbore.

      Polo día da paz tamén fixeron unha exposición onde expresaban o que era a paz e tamén a representaron seguindo a estética de Yayoi Kusama.

      Os alumnos e alumnas tiveron que reciclar os plásticos e traelos ao centro para realizar as súas manualidades.





      Nalgunhas clases de artística, foron ambientando a aula como se fose unha gran obra de Yayoi Kusama.


      Entre todos-as crearon os diferentes elementos da exposición da artista escollida. Pintaron unha mesa e unhas cadeiras para facer un recuncho na entrada do cole para que cada un puidese por un círculo de cor e nel unha mensaxe positiva sobre a nosa escola.





      Decoraron as letras do nome de Yayoi Kusama con puntiños de cores para expoñer todo o que aprenderon da súa artista.




      No Entroido disfrazáronse da súa artísta, así que fixeron estos disfraces tan chulos (sen utilizar plásticos)




sábado, 2 de mayo de 2020

Obradoiros de EI e EP

        Os alumnos e alumnas de EI e EP tiveron a oportunidade de participar nos obradoiros de "Equitación", "Apicultura" e "Animais" celebrados, no primeiro trimestre, no Parque de Aldea Nova, unha granxa escola que busca achegar os nenos-as ao mundo rural.
     
        O obxectivo principal que se pretende acadar é poñer en valor a importancia do medio natural, así como o coidado e o respecto  polo contorno.


Obxectivos  a acadar nestes obradoiros:

  • Coñecer o medio físico, natural e social máis cercano, contribuíndo a súa conservación.
  • Fomentar o consumo responsable en relación co medio natural.
  • Identificar, comparar e clasificar as principais plantas e animais do contorno en función da súa alimentación, reprodución e morfoloxía. 
  • Promover actitudes de cooperación e de respecto. 
  • Favorecer novos hábitos de comportamento orientados a descurbrir e protexer o medio ambiente.
  • Fomentar a aprendizaxe dunha maneira lúdica e divertida.
























miércoles, 22 de abril de 2020

Día Mundial da Terra

       Cada 22 de abril celebramos en todo o mundo o Día da Terra coa vontade de lembrar á poboación a importancia do noso planeta como a casa común de todos os seres que a habitamos. Entre todos-as debemos atopar o equilibrio entre as necesidades económicas, as sociais e as ambientais. Un equilibrio que só se poderá alcanzar promovendo a harmonía do home coa natureza, en definitiva, coa Terra. 

#DiaMundialdaTerra
#DiaMundialdelaTierra



sábado, 11 de abril de 2020

Os Ecovixías

        Na extraescolar de Ecovixías levamos feitas un montón de actividades durante este curso, aquí mostramos algunhas delas:

  1. Recollida de follas, disfrutando das tardes de outono, coas que despois fixeron unha bonita manualidade inspirándose nas Meninas.























2. Outra actividade na que participaron os Ecovixías foi preparando comedeiros, con material reciclado,  para os paxaros que visitan o noso patio e mesmo colocando niños para eles.









       3. Cando non podemos saír a disfrutar da natureza, polo Paseo do río Xuvia, facemos diferentes  manualidades, como por exemplo, animais feitos con papel e cartón reciclado:









         4. Os Ecovixías elaboraron un xogo de memoria reutilizando tapóns de botellas



          5. Os Ecovixías "artellaron" tamén coa natureza, disfrutando das saídas polo Paseo do río Xuvia...


 


          6. Os Ecovixías "artellando" en Bibliourizo elaborando distintas figuras con papel...
















Artellando nos recreos

Aproveitamos moitos recreos para "artellar" con plásticos reciclados...

#senplastiFICAR
















Camille Claudel

        Durante este curso, 2019/2020, na clase de 6º de E. I. traballaron a figura de Camille Claudel, unha escultora francesa, discípula...